martes, 24 de abril de 2018

CHEFS SAUDABLES

Hai uns días os nenos e nenas de educación infantil participamos nun certame de chefs saudables.A finalidade era elaborar unha receita saudable,a base de froita,verduras,peixe e outros ingredientes beneficiosos para a saude.Decidimos entre todos que unha ensalada cumpría todas as condicións para ser unha receita saudable,así que nos puxemos mans á cociña e éste foi o resultado.


ANIVERSARIO DE MATEO

O 23 de abril celebramos con Mateo os seus 4 aniños e esta vez o fixemos no noso recanto dos cumpreanos que estamos preparando con tanta ilusión grazas o noso proxecto das festas.Nas fotos podedes ver o ben que nos está quedando.Parabens Mateo!!








ANIVERSARIO DE MATEO from infantilsafaldan on Vimeo.

ANIVERSARIO DE ADRIÁN

O pasado 2 de abril celebramos con Adrián o seu aniversario de 6 anos.Moitos parabens para el!!













mércores, 4 de abril de 2018

ANIVERSARIO XOANA

Este pasado luns celebramos con Xoana o seu aniversario de 4 aniños.Así de guapa e feliz estaba coa sua coroa soprando a vela do seu pastel.Parabens!







martes, 27 de marzo de 2018

VIAXE EN TREN

O pasado xoves os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha viaxe en tren,para algúns foi a nosa primeira viaxe neste medio de transporte.Partimos da estación de Vigo-Guixar ata Pontevedra,un percorrido cortiño,apenas media hora,pero que disfrutamos moito e con moita curiosidade.Non podemos plasmar nunhas fotos todo o divertido desta viaxe,sobre todo cando pasábamos polos tunéis,pero vos deixamos unha pequena mostra.





ANIVERSARIO DE CANDELA

Hai uns días os nenos e nenas de 5 anos celebramos con Candela o seu aniversario.Parabens para ela!




xoves, 15 de marzo de 2018

TALLER DE MASAXE

Os nenos e nenas de tres anos estamos aprendendo moitas cousas sobre os sentidos,cantos son,como se chaman,para que serven...A semana pasada fixemos un taller de masaxe,para tomar ser máis conscientes do sentido do tacto.Empregamos diferentes materiais e descubrimos que moitos deles serven para relaxarse,acariciar,facer cóxegas... Gustounos moito a actividade e conseguimos relaxarnos un pouquiño.








mércores, 14 de marzo de 2018

ANIVERSARIO DE UXÍA

O pasado 8 de marzo celebramos con Uxía o seu aniversario,moitos parabens para ela!

xoves, 1 de marzo de 2018

CONTACONTOS NO COLE

Onte tivemos a visita no cole da actriz e contacontos Raquel Queizás,coa que disfrutamos enormemente xa que nos gustan moito os contos e Raquel sempre nos trae uns protagonistas moi divertidos ós que lles ocorren moitas aventuras.
Vos deixamos un pequeno resumo de fotos e vídeo.


mércores, 28 de febreiro de 2018

CONSTRUÍNDO A NOSA REALIDADE

Os nenos e nenas de 3 anos tivemos un taller no que empregamos a nosa creatividade contruíndo a realidade que nos rodea con diferentes materiais,neste caso pauciños e plastilina.
No vídeo podedes ver as nosas creacións.





luns, 26 de febreiro de 2018

SAÍDA Ó TEATRO "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO"

O 7 de febreiro os nenos e nenas de Educación Infantil fixemos unha saída a Pontevedra,para ver unha obra de teatro musical no teatro da Fundación Abanca.
Fomos a ver "A nena e o grilo nun barquiño" de Magín Blanco;música e teatro en galego para descubrir o mundo a través da curiosidade e creatividade.Os seus protagonistas vivirán unha viaxe coa que descubrir o mundo a través de aventuras que inciden na solidaridade,o respecto pola natureza,a identidade e o universo afectivo.
Aquí vos deixamos unhas fotos e un pequeno anaco da obra.


xoves, 8 de febreiro de 2018

ANIVERSARIO DE JOEL

O día 6 de febreiro celebramos con Joel o seu aniversario de 4 anos.Moitos parabens para él!!







TRAZOS COMBINADOS

Os nenos e nenas de tres anos seguimos practicando os trazos,neste caso os combinados.Pasámolo moi ben subindo e baixando pola nosa montaña.






WhatsApp Video 2018-01-30 at 20.03.05 from infantilsafaldan on Vimeo.

NÚMERO 1

Os nenos e nenas de tres anos continuamos a practicar o trazo no número 1,desta vez con pauciños.


martes, 30 de xaneiro de 2018

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.Os nenos e nenas de Educación infantil tamén puxemos o noso pequeno gran de area nesta fermosa celebración.Nestas fotos vos amosamos a nosa participación.


domingo, 28 de xaneiro de 2018

ANIVERSARIO DE LEIRE

O venres 26 de xaneiro celebramos con Leire o seu aniversario.Moitos parabens para ela!


DSCN3154 from infantilsafaldan on Vimeo.

CIRCUITO DE TRAZOS CON ESTIMULACIÓN SENSORIAL

Empezamos a traballar a direccionalidade dos trazos con actividades de estimulación sensorial,empregando a mesa de luz,auga,area cinética,pizarra...Pasámolo moi ben experimentando con todos estos materiais.



ANIVERSARIO DE MIGUEL

O 13 de xaneiro celebramos con Miguel o seu aniversario de 5 anos! Moitos parabens!!